A PONTENOVA, 5 DE MAIO DE 2015.- Os socialistas de A Pontenova, en resposta ás múltiples queixas dos veciños, alertan de que o candidato á alcaldía do Partido Popular, que é médico de profesión, “emprega a consulta diaria como lugar de captación de votos e para dar pequenos mítines”. Dende a agrupación local do PSOE fan estas declaracións porque consideran “un acto de responsabilidade dar resposta a todas aquelas persas que se dirixiron a nós, queixándose non só do retraso co que están a ser citados, senón de que fóra se chegasen a escoitar conversacións que pouco ou nada teñen ver coa atención médica, co fin de sacar un rédito electoral”.
Tal é así, aseguran, que moitos cidadáns “xa se atreveron a denuncialo nas redes sociais e tamén in situ, no mostrador do centro”; feitos que motivaron, indican, “que o candidato falase con esta xente para que retirase ditas queixas”, xa que, segundo lles dixo, “eran críticas que o prexudicaban moito”, apuntan os socialistas.
Dado que “estes veciños saían escandalizados con estes mini actos políticos”, dende a agrupación do PSOE piden ao alcaldable popular “máis seriedade política”. “As instalacións do SERGAS, é dicir, o despacho, non son a sede do PP para facer campaña, nin tampouco se pode usar o teléfono para facer chamadas que nada teñen que ver coa consulta”, insisten.
“Consideramos que esta actuación carece de toda calidade democrática”, resaltan. “Realmente danos igual quen o faga, isto non é unha cuestión persoal. Pero o que si está claro é que hai un responsable. Non se pode utilizar deste xeito ás persoas. Por iso, o denunciamos publicamente; unha denuncia que resposta única e exclusivamente ás críticas que fixeron os cidadáns. Cremos que, en ningún caso, este tipo de artimañas políticas están xustificadas. E, nisto, aos socialista non só nos van a ter en contra, senón que non competimos, nin estamos dispostos a facelo”, conclúen.