Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos facer público o noso apoio ás reclamacións que se fan dende a Asociación de Pais e Nais do Colexio público Virxe do Carme solicitando unhas instalacións dignas e confortables, cousa que non é así na actualidade. Onde os alumnos poidan recibir unha formación nunhas condicións preparadas para poder impartir clases. Unha vez máis se mostra o pouco ou nulo interese que o Partido Popular mostra pola educación pública, o que provoca a falla de inversión nos centros de ensino que derivan nestas situacións a todas luces lamentables.
O PSdeG-PSOE de Burela quere comprometerse a levar estas reclamacións a onde corresponda e que o colexio público Virxe do Carme reciba a inversión que se merece que faga que as condicións para poder impartir unha educación pública de calidade. Recordamos que o colexio público Virxe do Carme é un colexio con máis de cincuenta anos de historia polo que pasamos moitas xeracións de burelaos, e dende o PSdeG-PSOE de Burela imos a loitar para que ese colexio siga a impartir educación pública e de calidade moitos anos máis.
Así mesmo queremos por de manifesto que a aposta do PSdeG-PSOE de Burela pola educación e a sanidade públicas e de calidade vai a ser irrenunciable, e así o imos a plasmar no noso programa electoral, no que a defensa do público vai a ser unha cuestión primordial, ante os ataques que o Partido Popular dende a Xunta de Galicia fai a todo o referente ó público. O Partido Popular escapa do público para dar beneficio ós seus amigos coas privatizacións de servizos, vai no ADN do Partido Popular.
O PSdeG-PSOE de Burela, como vai a constar no programa electoral, seguirá a reclamar unha Área de Xestión Sanitaria para a Mariña que garanta a calidade da sanidade pública tanto no Hospital da Costa, como nos centros de Atención Primaria, que como estamos a ver o Partido Popular se está a encargar a deixar sen persoal, o que vai claramente en detrimento da súa calidade.