Site icon Crónica3.com A Mariña

O pobo falou, entenderon todos o que dixo?

O pasado domingo 24 de maio houbo unhas eleccións municipais que cambiaron sustancialmente o mapa político en España, non estou moi seguro de que os partidos políticos que se presentaron leran xa, analizaran e sacaran conclusións do que realmente aconteceu.

Baixo o meu punto de vista, o pobo español despois de case 40 anos de democracia é un pobo maduro, alomenos deu mostra de que así é. Temos ademais unha masa importante de poboación, nacida en democria; o sector de poboación mellor formado do país. Sector da poboación que en termos xerais é o que está a pagar a maior parte da factura da situación de crise da última década.

Seguramente nos resultados electorais refrexouse craramente o ocorrido no Sur de Europa, particularmente en España, nos últimos sete anos desde aquel 2008 en que caeu Lehman Brothers que no noso país só nos enteramos a partir do 2010 coas medidas tomadas naquel intre polo goberno Zapatero, medidas que fomentaron a desigualdade e que se segue a tomar de xeito máis profundo e intenso polo goberno Rajoy.

Nestes anos, sobre todo a partir do 2011 é o Partido Popular o que ten a cota máis importante de poder, polo tanto é ao que diretamente os cidadáns lle van pedir responsabilidades. Para empezar foi Rajoy o único líder nacional que na noite electoral non compareceu e que polo tanto nos quedamos sin saber que pensaba; saber que pensa Rajoy, nunca é fácil. Só compareceu o luns para decir fundamentalmente que non pasaba nada, que baixaran en votos pero seguían sendo o partido máis votado. Non tardaron nin 24 horas algúns dos seus principais baróns en desmentilo, en acusar a perda de poder que vai ocorrer cando tomen posesión alcaldes e gobernos autonómicos. O 13 de xuño cando tomen posesión os alcaldes e según se vaian constituindo os gobernos autónomos o PP empezará a darse conta de que a maior parte do seu poder no país vaise ao garete.

Con todo, coa formación dos novos gobernos saberemos aínda mellor todas as tropelías e abusos de poder que se produciron que darán lugar sen dúbida a novos casos de corrupción. A situación para o goberno Rajoy, penso eu, só irá empeorando co tempo. Estes seis meses ata novembro poden ter un fortísmo custe electoral nas próximas xerais, se Rajoy non decide convocar o 27 de setembro coas catalanas para salvar os mobeis.

Outro efecto do 24 M é o feito de que as mareas se fixeron, sobre todo nas ciudades, cun número importante de alcaldías; situación que fará que pasen da utopía de expricar teoría a ter que aplicala. Co tempo iremos vendo resultados, de todo haberá seguro. En todo caso o seu papel semella que vai ser importante nos próximos anos.
Outro feito que indica a madurez da poboación son os trunfos, nalgúns casos con maiorías absolutas, de grupos políticos que estaban na oposición ou con gobernos en minoría. Este feito indica que a poboación sabía o que votaba, a quen votaba e que tipo de eleccións eran.

Un último apunte, moi preocupante a postura dalgúns líderes ou lideresas da dereita, propoñendo frentes para impedir o acceso ao poder de sectores da esquerda coa desculpa de que está en perigo o sistema político. Estas posturas si que son perigosas, sectarias e que fomentan o frentepopulismo; diso ao nacismo só hai un paso moi pequeñiño.

O dito ao principio, baixo o meu punto de vista, é este o primeiro paso dun cambio profundo que se producirá en vindeiras eleccións.

Exit mobile version