Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Vilar Ponte márcase como vindeiro destino Lannion

vilarponte-lannionAlumnado e profesorado de IES Vilar Ponte de Viveiro despediron, este sábado 23 de maio, aos seus respectivos compañeiros de Lannion despois dunha semana poboada de actividades, excursións e visitas culturais varias (así: a Coruña, Ribadeo, Santiago….).

Os visitantes franceses queren agradecer, publicamente, o bo trato recibido polo Concello, o profesorado e as familias.

Os nosos estudantes e profesores devolverán a visita a partir do próximo quince de xuño; en Lannion espéralles un amplo catálogo de actividades de lecer e cultura que, seguro, serán de utilidade.

Este intercambio foi realizado pola sección bilingüe do instituto que imparte a profesora Mapy Martín xunto co departamento de francés que dirixe Mónica Tasende.

Exit mobile version