Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Popular defende a iniciativa da Xunta que ten como reto a revisión do Plan Forestal en consenso cos profesionais do sector

Santiago, 5 de maio de 2015.- O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu este martes no Pleno do Parlamento a política desenvolvida pola Xunta de Galicia no ámbito forestal e indicou que este sector asume agora como principal reto a revisión do Plan Forestal, 20 anos despois da súa aprobación.

O portavoz popular puxo en valor o feito de que a Consellería do Medio Rural e do Mar, na revisión deste documento estratéxico, promove a participación de todos os axentes do sector, que son os encargados de elaborar, a través dun Grupo de Traballo creado ao efecto no Consello Forestal, as directrices para a súa revisión, sempre na procura do máximo consenso posible entre todos.

Sen modelo alternativo
José Manuel Balseiro sostivo que os grupos da oposición non teñen un modelo forestal alternativo e por iso tivo que ser o Partido Popular na Xunta quen, no ano 2012, aprobase a primeira Lei de Montes de Galicia.

Tamén apuntou que a visión catastrofista da xestión do monte galego que formulan desde a oposición non ten nada que ver coa realidade, tal e como o acreditan os últimos datos feitos públicos por Confemadera, que indican que a industria madeireira galega logra as súas mellores cifras desde 2008.

Balseiro lembrou que desde que o Partido Popular accedeu á responsabilidade de Goberno a Xunta ten impulsado distintas iniciativas de mellora no eido normativo, administrativo e orzamentario, destacando a achega de 170 millóns de euros en apoio do sector forestal

Brigadas forestais
Por outra banda, o portavoz popular defendeu o funcionamento das brigadas forestais municipais, solicitadas por alcaldes de todas as cores políticas, e sinalou que o traballo destes profesionais contribuíu a mellorar a eficacia do operativo de prevención e extinción de incendios.

Exit mobile version