O rexedor contou que “estamos estes días a seguir con traballos de mellora en distintos puntos do concello de cara ao verán. E neste caso estamos traballando no pintado da praza de Santiago de Reinante, que está ao lado da estrada Nacional 634”. Fuente Parga dixo que “co paso do tempo a pintura estaba deteriorada e é un sitio bonito, onde antigamente se facían as festas e hai que manter eses lugares en bo estado para goce dos veciños”.