Santo André de Boimente, 5 de maio de 2015.- O Centro Socio cultural de Santo André de Boimente acollerá o vindeiro sábado 16 de maio de 2015 o Iº Obradoiro de plantas mediciñais, aromáticas e comestibles que correrá a cargo de María Míguez de Xardinería Monte Perdido. Este obradoiro forma parte dunha das actividades formativas da Campaña de sensibilización do médio natural e aposta polo rural galego aprobada na asemblea xeral anual da Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas”
Coa organización deste obradoiro o colectivo Fraga das Saímas pretende darlle a oportunidade @s amantes do mundo das plantas de introducil@s na aprendizaxe, a identificación e a clasificación de plantas tanto mediciñais como aromáticas e comestibles existentes na zona, así como dotalos de coñecementos básicos que lles permitan descubrir os usos terapéuticos, culinarios e estéticos das plantas, posto que, ademais de ser todo un arte o saber utilizalas na súa xusta medida, tamén pode convertirse nunha oportunidade laboral para @s emprendedor@s da comarca.
Este obradoiro, organizado coa colaboración de A Estruga, dará comezo a partir das 9.30 horas e prolongarase ata pasadas as 19.00 h. Durante esta xornada, ademais dunha exposición teórica, haberá unha saída ao campo para a identificación e recollida de plantas e @s alumn@s terán a oportunidade de aprender a elaborar cremas, ungüentos e tintes.
As persoas que estean interesadas en participar neste obradoiro poderán anotarse, ata completar as prazas, contactando coa presidenta do colectivo no tfo 669250948.
A Directiva Fraga das Saímas aproveita tamén para convidar á veciñanza á participar da Festa das Letras Galegas 2015 que celebrarán o vindeiro sábado, 9 de maio a partir das 20.00 horas, no seu Centro Sociocultural, coa representación, entre outras actividades, da peza teatral de Francisco Piñeiro “O reparto” que correrá a cargo do Grupo cervense O Bordelo. O prazo para confirmar a asistencia remata este xoves, 7 de maio.