Site icon Crónica3.com A Mariña

O Castelo de Alfoz organiza varias actividades para celebrar a Festa das Letras Galegas

A Asociación Cultural “O Castelo” de Alfoz está preparando un acto moi especial para celebrar a Festa das Letras Galegas, o vindeiro día 17 de maio na Casa da Cultura de Alfoz a partir das 18.30 horas, que constará de diferentes partes.

Para empezar, vén de recuperar o concurso literario “Trulasqui”, que organizou hai algúns anos e que se perdera nos últimos anos. Neste concurso participan rapaces de Primaria e de Secundaria que recibirán os premios durante o acto.

Tamén haberá tempo para unha conferencia sobre a vida do escritor galego homenaxeado este ano, Filgueira Valverde. Esta conferencia correrá a cargo do profesor e escritor alfocense Lionel Rexes; xogos infantís, a cargo da animadora ribadense Susana Álvarez; a actuación do Grupo Teatral Raiolas, que volverá ós escenarios despois de moitos meses de ausencia, representando a obra titulada “Madia leva!” ou a actuación da Coral de Ferreira do Valadouro, que interpretará varias cancións en galego, rematando cantando entre todos o Himno Galego.

Exit mobile version