
Burela, 2 de maio de 2015.- A asociación educativa e de tempo libre Chao de Castro-Altair Burela, xunto con Seteportas-Altair Compostela, atópase inmersa nos preparativos do acampamento de verán para rapaces e rapazas de entre 7 e 16 anos, que organizarán do 27 de xuño ao 9 de xullo en Esteiro (Muros). A data límite para inscribirse é o 20 de xuño, día no que se celebrará unha reunión informativa sobre a actividade. O prezo é de 150 euros para soci@s e de 175 (incluindo a cota de setembro) para non soci@s.