A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para este xoves unha actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.
Das tres actividades programadas polo noso Concello dentro de Ler Conta Moito, hoxe tivemos a primeira; concretamente OS MONICREQUES DE KUKAS puxeron en escea “XAN PERILLÁN E A MALETA MÁXICA.
A actividade contou coa participación de 150 nenos/as de 4º de Educación Infantil ata 4º de Primaria CEIP Pedro Caselles.
O espectáculo
Xan Perillán é un home con sorte: tocoulle unha viaxe a Pernambuco…¿Pero onde queda Pernambuco? … cun pouco de maxia e a axuda dos rapaces, seguro que o aclarará. Xunta todas as súas cousas e vai meténdoas nunha maleta, que é unha maleta máxica… Uf, por fin meteu todo… Xa pode marchar…
Espectáculo multidisciplinar que combina o pallaso e a pantomima coa maxia e a manipulación de monicreques e que nos permite achegar aos nenos ó mundo da maxia e ó mesmo tempo combinar ocio e educación no consumo ó traveso da organización dunha viaxe e a preparación da maleta.