Site icon Crónica3.com A Mariña

María Martínez Paleo cumpre 100 anos

centenaria-sanciO Concello de Cervo fixo un recoñecemento especial á veciña de San Cibrao María Martínez Paleo, que este sábado cumpre 100 anos. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil Pilar Armada visitaron á centenaria e entregáronlle un ramo de flores como mostra de agarimo, un acto no que tamén estivo presente o sobriño da homenaxeada. O rexedor e a edil felicitaron á centenaria polo seu aniversario e desexáronlle que “cumpra moitos máis, e coa mesma alegría e vitalidade”. Os responsables municipais interesáronse pola saúde de María e animárona a gozar na celebración que lle ten preparada a familia.

Exit mobile version