González Barcia manifestou lembrando que “no período 2011-2015 incrementouse notablemente o nivel dos servicios sociáis do noso concello, como o demostra o incremento de horas de servicio de axuda a domicilio para dependentes que pasou de 11.904 horas/ano a 20.436 horas/ano”. Neste senso, Barcia manifestou que “un dos grandes retos que temos para os vindeiros catro anos se seguimos asumindo a responsabilidade de gobernar é a de continuar ampliando o servicio de axuda no fogar para dependentes, aumentando o número de horas para chegar a máis persoas”.
O actual alcalde marcouse un novo reto: “temos que elaborar un regulamento para situacións de emerxencia social que nos permita actuar con rapidez para solventar os posibles casos que xurdan. Neste senso, é prioritario establecer un convenio con constructoras ou promotoras donas de pisos para alquiler de vivendas para casos, precisamente, de emerxencia social. Xa tivemos un par de casos nos que o concello tivo que actuar, e foi cando nos decatamos das necesidades que tentamos resolver nos próximos catro anos”.
Barcia tamén manifestou que a violencia de xénero “é algo que nos ocupa e nos preocupa, por eso queremos consolidar a vivenda de emerxencia para víctimas de violencia de xénero ou exclusión social. Neste momento estamos cos trámites administrativos, pero nos vindeiros meses haberá que ter unha adicación especial para poñela en funcionamento con plenas garantías”.
O actual alcalde e candidato á reelección expresou tamén a súa intención de “continuar incrementando actividades de tempo libre para mulleres e colectivos con necesidades específicas. Se en catro anos fumos capaces a poñer en marcha actividades novedosas, como atención a persoas con necesidades paliativas, hora máxica no Hospital, escola de columna, risoterapia, etc., e incrementar a oferta de cursos de manualidades e similares, nestes próximos catro anos temos que seguir apostando por poñer en marcha máis actividades que lles servan ás persoas participantes como vehículos de formación persoal pero tamén de esparcemento”.
No que se refire ás persoas con discapacidade, Barcia lembro que “o noso goberno aposta decidamente polo centro de formación de persoas con discapacidade e polo centro de día de discapacidade intelectual que nós puxemos en marcha en 2012. Pero hai que dar un paso máis, e de feito xa estamos traballando en recuperar un proxecto da nosa etapa de goberno 2003/2007, unha residencia para persoas con discapacidade intelectual. Neste senso, gracias ó PXOM agora sí hai solo dotacional, e polo tanto temos que seguir avanzando para facer desta ilusión unha realidade: nestes próximos catro anos temos que concretar o proxecto e facelo visible, facer a residencia”.
González Barcia aproveitou para presentar un folleto informativo que compara “os ‘logros’ do bipartito en materia de servicios sociais, e o que fumos capaces a facer desde 2011 hasta agora”. Barcia manifestou que “quen lea este folleto, darase conta de que falamos de realidades, de asuntos obxectivos e polo tanto visibles, que non mentimos, e que se demostra quen está por traballar polas persoas, e quen estivo literalmente a velas vir”.
Finalmente, José María González Barcia manifestou que “se fumos capaces de cumplir ó cento por cento o programa de servicios sociais que presentamos en 2011, tamén seremos capaces de cumplir o que agora presentamos, porque temos un único criterio e polo tanto sabemos cómo facelo, temos experiencia, actuamos con rigor e seriedade, priorizamos os retos que se nos poñen diante e lle adicamos ós servicios sociais moito tempo e moito esforzo”.