Os niveis nos que a política se move na nosa bisbarra reflictese cada día nos xornais. As declaracións ateigadas de insultos, mais ou menos solapados; a virulencia dialéctica e as mútuas acusacións por comportamentos e actuacións idénticas de uns e outros, emborrallan o que debería de ser un proceder respectuoso e distendido, evitando que a lección de incivismo se tansmita á cidadanía: é decir, aos homes e mulleres que co honesto trafegar e as relacións armónicas e aínda cordiais, constituen o que é a esencia dos pobos, no marco axeitado para que a vida social discurra por vieiros de normalidade. Cidadáns que contribuen a soster o entremado vociferante que se alinea nos distintos partidos; e dos que cobran os ocupantes das poltronas institucionais. A situación, crispada e intolerante, que vive amplo sector político da Mariña, con non disimuladas fobias, e os posicionamentos persoais, localistas e sectarios, ou claramente partidistas, agrava a incapacidade dos políticos para afrontar iniciativas comúns, necesarias ou convenientes, baseadas na racionalización dos recursos e mesmo no interese indudable que, por exemplo, na faceta turística, terían as actuaciós conxuntas e coordinadas.De non mudar as circunstancias, e non se prevé, nen a Mancomunidade, nen fundacións, nen os padroados de turismo, terán a precisa operatividade para cumprir cuns obxetivos, de cuxa idea nen sequera todos participan. Moitas veces, de tales evidencias, dise que “son cousas da política”, termo do que se fai un uso distorsionado e interesado, e tras él pretenden agocharse os responsables da mesma., adxudicándolle un fatalismo que non lle corresponde. Preténdese converter en “causa” o que é “efecto”. A política non é unha entelequia; ten nome e apelidos: os dos seus artífices.
Nunha ocasión preguntaron a Carlos Cano : “¿Qué pasa con la política?” E o malogrado cantautor, respostou: “La política ha desaparecido como ética de comportamiento personal y colectivo. Una política generada por gentes tan mediocres, tan mezquinas, no vale la pena. Pero es lo que hay en la pescadería”…