O mariñán Cristóbal Rodríguez acadou a 22ª posición na Copa Kremlin de Péntatlon Moderno, facendo unha boa competición nunhas condicións moi complicadas para o deportista.
Cristóbal tivo que competir con todo prestado (pistola, espada, roupa) xa que se perdeu toda a súa equipaxe e non puido recuperala a tempo da proba. Ademais, o deportista acudía a Moscú un pouco renqueante, por culpa da asma (que o tivo sen adestrar varios días) e un nocello tocado.
O seu mellor resultado foi na natación (11º) e o máis frouxo a combinada (22).