Site icon Crónica3.com A Mariña

Continuan as xuntanzas de Son Viveiro cos colectivos

CANDIDATURA SON VIVEIROViveiro, 5 de maio de 2015.- Como xa se comentou noutras ocasións, Son Viveiro é unha coalición política nova, formada por xente de Esquerda Unida, Anova e cidadáns sen afiliación política, creada para presentarse as eleccións municipais do concello de Viveiro.

Durante estos últimos días estivemos fancendo xuntanzas con distintos colectivos municipais, donde nos foron transmitindo as suas inquedanzas e problemas que se atopan no seu día a día, e poder facer chegalos ao Concello.

Estas reunións seguirán ao longo destos días con outras asociacións sociais, culturais e deportivas, para chegar ao maior número posible de veciños e veciñas.

Se algún colectivo ou asociación quere facernos chegar as suas propostas, recordar que temos a vosa disposición o noso correo electrónico (sonviveiro@gmail.com) ou o noso perfil na rede social facebook de Son Viveiro.

Exit mobile version