A autora de ‘Emociones con cuento’, Ana Isabel Fraga, ofrece este sábado 30 de maio, a partir das 18.00 horas, unha conferencia na Librería Bahía. Este libro ten unha parte na que explica as diferentes emocións e da orientacións ás nais e pais para a educación emocional dos seus fillos, e contos nos que se traballa cada unha delas. A actividade está recomendada para nenas e nenos dende 5 anos e para as nais e pais.