Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro na Corporación Municipal, presenta un rogo para que a vindeira corporación municipal traballe nun proxecto de instalación de salas multicine no municipio de Foz.
Cancio asegura “que os veciños/as da Mariña en xeral demandan se estude a posibilidade de poder dispoñer de salas de cine, e consideran unha necesidade cultural realizable e posible.
Para esta demanda, é necesario propostas e proxectos que podan ser sostibles e cribles, e dada a realidade actual non sería sostible a instalación de SALA MULTICINES en cada concello da Mariña.
O pasado de esta comarca fala de importantes salas de cine e unha oferta cultural para os mozos de aquel momento moi positiva, entendo pois que temos unha débeda cos mozos e mozas de esta comarca da Mariña.
O Concello de Foz, como centro xeográfico da Mariña terá que dar un paso ao fronte para liderar esta proposta e poder ser esa referencia cultural”.
Polo tanto, “ROGO a CORPORACIÓN MUNICIPAL DE FOZ, dende o día da súa constitución traballe nun proxecto de instalación de salas MULTICINE no noso concello con xestión público- privada, CON DIÁLOGO COMARCAL E XESTIONANDO AS AXUDAS DENDE A DEPUTACIÓN E XUNTA DE GALICIA , con trasporte comarcal (servizo de bus pensado nos máis mozo que se poda desprazar e se adapten aos horarios de cine)”.
Jaime Cancio Rodríguez.