Site icon Crónica3.com A Mariña

Cancio esixe ó Concello que entregue ó Patronato do Asilo de Foz o diñeiro achegado a Mensajeros de la Paz

O candidato socialista á alcaldía de Foz, Jaime Cancio, critica que a forma de facer efectiva a axuda o Asilo de Foz por parte do Alcalde non se axusta os acordos da xunta de portavoces e do Pleno da Corporación local.

Isto ven a conto porque os membros da xunta de portavoces acordaron entregar unha axuda de 25.000 euros ó Patronato do Asilo de Foz, nunha segunda xuntanza da propia xunta de portavoces cos representantes do Patronato do Asilo ratificouse ese acordo e con posterioridade o Pleno da Corporación aprobou por unanimidade esta axuda o Patronato do Asilo para gastos correntes.

Pois ben, con todo isto o Alcalde de Foz saltase os acordos dos representantes lexítimos do pobo de Foz e sen ningún tipo de respeto á legalidade vixente entrégalle, dunha maneira partidista, o diñeiro do concello, que era para o Patronato do Asilo, a Mensajeros de la Paz.

En base a isto pedímoslle publicamente ó Alcalde de Foz retrotraia esa cantidade entregada a Mensajeros de la Paz e a entregue o verdadeiro destinatario que non e outro máis que o Patronato de Asilo de Foz según o acordado por o Pleno da Corporación local.

De non facelo, pedímoslles os concelleiros de todos os grupos políticos da corporación de Foz se sumen a esta petición e si fora o caso poñelo en coñecemento do Ministerio Fiscal por si fora motivo da correspondente apertura de investigación sobre a administración de diñeiro público e non permitir que os comportamentos do Partido Popular tan estendidos por toda España tamén cheguen a manchar o bo nome do Concello de Foz.

Jaime Cancio, candidato do PSOE de Foz.

Exit mobile version