Segue a racha de triunfos do Balonmán Viveiro; xa que esta fin de semana foron os alevíns, os que se proclamaron campións provinciais gañando o billete para representar á provincia en Ourense o vindeiro 6 de xuño.
Pola súa banda os benxamíns caeron nunha rifada final co equipo de Albeiros de Lugo.
A piques de pechar a tempada aínda lle queda competición e posibilidades de gañar máis cousas aos equipos de Balomán Viveiro, nunha tempada en que os éxitos deportivos se acumulan.
O vindeiro domingo, son os infantís que se desprazan á Coruña, coa intención de converterse nos campións da Copa Delegación Norte (A Coruña e Lugo).
Polo que respecta ás finais provinciais, xogadas este sábado en Viveiro, estes foron os resultados:
BENXAMÍN:
Campión: Albeiros de Lugo
Subcampión: Bm. Viveiro
Terceiro clasificado: ACALUBA de Lugo
ALEVÍN:
Campión: CEIP Covas
Subcampión: Luís Pimentel
Terceiro clasificado: Franciscanos
Cuarto Clasificado: Lois Tobio.