Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela recordou ás 11 vítimas mortais por violencia de xénero no que vai de ano en España

concentracion-burelaMujeres en Igualdad Burela organizou este sábado unha concentración contra a violencia de xénero diante a Casa do Concello onde se viviron momentos moi emotivos. Unha muller vítima de violencia de xénero, pertencente a esta asociación, quixo poñerlle cara a esta lacra social, sendo a encargada de transmitirlles a todos os asistentes, entre os que se atopaban ademais do Alcalde de Burela, José González Barcia e membros da Corporación Municipal, representantes da candidatura do Partido Popular de Burela, Ciudadanos e Compromiso X Burela, ós que esta muller moi valentemente pediu unión para eliminar esta lacra social que se cobrou xa 11 mulleres vítimas de violencia de xénero no que vai de ano. Tamén recordou a todos os asistentes que ante a Violencia de Xénero “non podemos mirar para o outro lado, debemos de loitar e esixir que se tomen medidas máis contundentes desde o momento xa de ter un mínimo indicio de que unha muller está sendo vítima”.

A emoción foi tal, que varias mulleres romperon a chorar entre os asistentes, oíndo como esta muller con todo o sentimento, pedía que se acabase xa está lacra e que se unisen todos para conseguilo.

Logo de gardar os cinco minutos de silencio, o acto finalizou cun berro secundado por todos os asistentes, no cal pedían: “Basta ya, tolerancia cero!”.

Exit mobile version