Lugo 4 de maio de 2015.- O secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, retou este luns á rexedora de Viveiro, María Loureiro, a tomar exemplo da dimisión do seu compañeiro do PSOE Pachi Vázquez e aplicase a mesma iniciativa.
O popular manifestou que a rexedora viveirense non está en condicións de dar leccións a ninguén, tendo en conta sobre todo, a súa situación xudicial, a piques do procesamento por presunta prevaricación urbanística. Esta situación levou ao seu compañeiro socialista, Pachi Vázquez, a presentar esta mañá a súa dimisión.
Balseiro manifestou que respecta a presunción de inocencia de Loureiro pero deixou claro que a socialista deberá tomar exemplo do seu compañeiro de partido e marcharse.
O popular lembrou que o Goberno Galego foi quen salvou ao Concello de Viveiro da mala xestión municipal socialista e afirmou que nos últimos seis anos, desde que Alberto Núñez Feijoo é presidente, investiu neste concello mariñán 97,2 M€ fronte aos 3,8 M€ da Deputación de Lugo, é dicir, 25 veces máis que o Ente Provincial neste mesmo período.