Lugo, 22 de maio de 2015.- Xornada intensa a do secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, que cerrou a campaña electoral na súa comarca. O popular comezou o día participando nun acto sectorial de igualdade en Burela e finalizouno en Trabada cun mitin. Pero entre acto inicial e final, un sinfín de actividades: reparto de propaganda electoral, mitins en Xove, O Vicedo e San Cibrao.
No último día de campaña, Balseiro lanzou unha mensaxe clara: “A Mariña necesita dun goberno popular na Deputación de Lugo”- sentenciou o popular, quen censurou o castigo ao que Besteiro someteu á comarca .
Alertou o popular de que de non votar ao PP e consentir que os da cor política de Besteiro continúen no Organismo Provincial, a maior parte dos concellos lucenses, retrocederán a épocas prehistóricas.
“Non houbo día nesta lexislatura na que o Señor Besteiro demostrase unha mínima preocupación polos lucenses e polos concellos”- criticou o popular, quen o acusou de discriminar aos municipios gobernados polos populares e de empregar o Pazo provincial, única e exclusivamente, ao seu servizo.
En relación a esta discriminación, Balseiro comparou as irrisorias inversións do señor Besteiro en A Mariña, coas da Xunta e manifestou que o Goberno de Feijoo investiu nos Concellos de Xove, Vicedo, San Ciprián e Trabada- municipios onde mitineou- 27 veces máis co de Besteiro.
“Xove: Xunta, 64M€, Deputación, 1.1 M€: 43 veces máis a Administración Autonómica. Vicedo: Xunta, 13M€; Deputación, 778 mil euros: 16 veces máis o Executivo Galego; Cervo: Xunta, 39,3M€; Deputación, 728 mil euros; Trabada: Xunta, 6,16M€; Deputación, 1,8M€”.- enumerou o popular.
Concluíu o popular poñendo en valor a labor dos catro rexedores. Manifestou que Demetrio, Suso, Alfonso e Ginzo, son exemplos de alcaldes leais, comprometidos e honestos. “Son o prototipo de rexedores que necesitan os municipios de toda a comarca e de toda a provincia”- esgrimiu Balseiro quen recalcou que o seu traballo e seriedade aválana os seus veciños, quenes elección tras elección premian a súa labor outorgándolles a maioría absoluta.