Site icon Crónica3.com A Mariña

APAGA en Alemaña

apaga-alemañaUnha delegación de profesores de automoción de Galicia, Murcia, Navarra, Toledo e Avilés atópanse desde o 30 de abril en Münster (Alemaña), dentro do proxecto de Mobilidade Erasmus+. Alí están a realizar visitas a empresas e coñecen de preto a formación dual, que se imparte no centro de ensino de acollida. A delegación está encabezada polo presidente de Apaga, o ribadense Álvaro Doural. Este luns acudiron a un centro de camións de Mercedes e este martes estarán no centro de formación profesional de Steinfurt e visitarán a fábrica de Schmitz Cargobull en Altenberge. Esta segunda saída do ano de Apaga rematará o vindeiro 9 de maio. Doural aproveitará para facer promoción de Ribadeo en Münster, tal e como acordaron o Concello e Apaga hai unhas semanas.

Exit mobile version