Site icon Crónica3.com A Mariña

Amplíase ata o 7 de maio o prazo de inscrición no curso de community manager que organiza o Concello de Ribadeo

Ribadeo, 4 de maio de 2015.- O Concello amplía ata o 7 de maio o prazo de inscrición no curso de community manager que se impartirá dentro duns días. Desde a Concellería de Desenvolvemento Local sinalan que “debido ao éxito da convocatoria que fixemos hai pouco e tamén a que o pasado venres foi festivo é por iso que decidimos dar unhas datas máis para que os interesados e interesadas poidan inscribirse”.

O curso, que se enmarca no programa Ribadeo medra contigo, comezará a impartirse o vindeiro luns, 11 de maio. Este curso de community manager terá unha duración de 200 horas, das que 80 serán teoría e 120 de práctica, que se van realizar en empresas de Ribadeo que estean interesadas en desenvolver un plan de marketing on line colaborando co Concello. As bases para a escolla están na páxina do Concello, que é www.ribadeo.gal

Exit mobile version