En total, a sinatura deste mércores supón un investimento de 257.994,25 euros que irán destinados aos seguintes equipos:
Club Baloncesto Breogán S.A.D. (Baloncesto) 34.304,71
Club Porta XI C.B. (Baloncesto) 33.254,42
Club Peluquería Mixta Friol (Fútbol) 19.163,40
C.D. Burela F.S. (masculino) (Fútbol Sala) 42.797,48
C.D. Burela F.S. (feminino) (Fútbol Sala) 38.974,46
Club de Hockey Femenino Meigas (Hóckey Liña) 4.421,36
Club Patíns Lóstregos Lucus (Hóckey Liña) 4.407,68
Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial (masculino) (Tríatlon) 10.426,17
Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial (feminino) (Tríatlon) 11.867,12
Club Emevé (masculino) (Voleibol) 27.657,73
Club Emevé (feminino) (Voleibol) 30.719,72
O plan de patrocinio dos equipos de alta competición
Na presente edición, o plan están dotado con 2.420.000 euros, un 26% máis que no pasado ano, tendo por destinatarios a un total 111 equipos galegos. Neste orzamento, ABANCA, patrocinadora oficial do plan logo do contrato subscrito coa Fundación o pasado mes de febreiro, fai unha achega de 726.000 euros, como parte do compromiso subscrito pola entidade financeira que destinará, no marco da presente colaboración, máis de 3,6 millóns de euros nos cinco anos de duración do contrato coa Fundación.
Dende os seus inicios na tempada 2009/2010, o plan ten investido máis de 10.000.000 de euros nos equipos de alta competición de Galicia, mostrando a súa efectividade tanto no xenérico número de equipos apoiados (111 na presente edición fronte aos 89 do ano 2009), como especialmente no tocante ao deporte feminino: 28 equipos na tempada 2009/2010, 46 equipos na vixente tempada.
Todos os equipos patrocinados teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas nas que a competición de máximo nivel desenvólvese na categoría absoluta en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e/ou sistema de ránking/clasificación por equipos.
Como vén sendo a tónica habitual deste programa, a presente edición patrocina equipos de distintas especialidades deportivas, o que reflicte o estado de forma do deporte de alta competición en Galicia: Atletismo (5), bádminton (2), baloncesto (11) e baloncesto en cadeira de rodas (2), balonmán (7), béisbol (3), bolos (1), ciclismo (6), esgrima (3), fútbol (14) e fútbol sala (11), halterofilia (2), hóckey herba (1), hóckey liña (2), hóckey a patíns (3), kayak polo (3), piragüismo (5), remo (3), rugby (3), tenis de mesa (12), triatlon (5) e voleibol (7).
Este plan de patrocinio supón un moi destacado pulo para a presenza do deporte galego no máis alto nivel competitivo, a nivel nacional e internacional, das distintas modalidades deportivas comprendidas nel, garantindo o crecemento deportivo de entidades e deportistas destas especialidades, á vez que se reforza a presenza da marca ‘Deporte galego’ nas competicións deportivas ás que acoden os equipos patrocinados. Coa incorporación neste ano de Abanca como patrocinadora oficial, o plan logra potenciar a súa presenza e operatividade, potenciándose á base dos equipos patrocinados.