O colectivo viveirés PENSAMENTO E SEMENTEIRA manterá aberta ata o 30 de maio a exposición “As embarcacións tradicionais do arco Ártabro até Ribadeo”.
A mostra pode visitarse en horario de mañá (de 11.00 a 14.00 horas) e de tarde (de 18.00 a 20.00 horas).
Para este sábado 23 de maio está programada unha tertulia con Fran Fra, carpinteiro de ribeira. Será ás 19.00 horas no mesmo local onde está a exposición: a sala de usos múltiples do Concello de Viveiro, na Praza Maior.
A entrada, coma sempre, é libre até completar o aforo.