A cova do Rei Cintolo recibía a súa visita 7000. Un grupo de persoas procedentes de Santiago de Compostela, chegaban ata Mondoñedo para desprazarse ata a cavidade máis grande de Galicia.
A súa sopresa foi cando ao retirar as entradas, Catherine Grao, se convertía na visitante 7000 da cova. Por iso, o Concello decidiu premiar á rapaza convidándoa á entrada e cun diploma acreditativo e que fai referencia á visita 7000. A entrega fíxoa a Concelleira de Medio Ambiente, Magdalena Domenech.
Para poder visitar a Cova é necesario facer reserva previa chamando á oficina de turismo de Mondoñedo ao teléfono 982 507 177. As visitas teñen lugar os venres, sábados e domingos ás 12.00 horas e ás 17.00 horas. É necesario traer un calzado de goma pechado, roupa vella e unha muda.