Site icon Crónica3.com A Mariña

A Axencia Privada de Colocación da Academia A Mariña selecciona albaneis, fontaneiros, carpinteiros, mecánicos e cociñeiros

Burela, 5 de maio de 2015. A Axencia Privada de Colocación de Academia A Mariña selecciona persoal con experiencia e formación en albanelería, fontanería, carpintería, mecánico do automóbil e cociña.

As persoas interesadas deben entregar os seus currículos na Axencia Privada de Colocación de Academia A Mariña, en Burela, en horario de mañá. O teléfono de contacto é o 982 58 25 08.

Desde Academia A Mariña sinalan que “é imprescindible ter experiencia en devanditos postos de traballo e formación básica”.

Exit mobile version