Durante a súa intervención, Daniel Vega tamén enxalzou a figura de Manuel Fraga, que segundo o presidente da formación xuvenil provincial, sempre mostrou especial atención á realidade dos concellos galegos.
Ao mesmo tempo, Vega animou aos cidadáns a, nunha etapa de deterioro da imaxe da política, a recordar a labor e a honradez de Manuel Fraga e a presumir da ideoloxía do Partido Popular e nunca esquecer os principios e valores que o moven.
Na clausura do acto tamén interveu o presidente rexional de Novas Xeracións, Diego Gago, quen asegurou que en Galicia hai 87.000 novos mozos que votan por primeira vez e que a formación político xuvenil “tratará de achegarse a todos e cada un deles”.
Escola de Formación
O presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, foi o encargado de inaugurar a Escola de Formación celebrada esta mañá durante a que a través de experiencias persoais e casos concretos, se analizou a implicación na política local e a importancia da xestión municipalista.
A xornada desenvolveuse a través de dúas mesas de traballo, a primeira delas centrada no municipalismo dende a cidade pasando polo rural, moderada por Yaiza Neira (presidenta de Novas Xeracións de Lugo) e na que participaron o candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira Broz; a candidata a Pol, María Ángeles Lenza, e o alcaldable por Becerreá, Miguel Cela.
A segunda das mesas de traballo levou por título a “Experiencia municipalista” e nela estiveron como poñentes a deputada nacional pola Coruña, Marta González Vázquez; o ex alcalde de Ribadeo e ex vicepresidente primeiro da Deputación, José Carlos Rodríguez Andina; e o deputado nacional; Joaquín García Díez. O moderador foi Antonio Ameijide.