Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños Independentes de Alfoz presenta a candidatura ante “numerosos simpatizantes”

Para facer pública a candidatura, Veciños Independentes de Alfoz realizou un acto de presentación o pasado venres 24 de abril no restaurante “O Frenazo” de Alfoz, con numerosa asistencia de simpatizantes. Tras a presentación, os candidatos e demais membros do grupo de traballo que forman Veciños Independentes de Alfoz compartiron un aperitivo entre os asistentes.

Durante o evento, ademais de proxectarse un vídeo de presentación de VIA, interveu Xabier Pardiñas Suárez, candidato á alcaldía, quen subliñou que “esta candidatura é un reflexo da realidade de Alfoz, acollendo a homes e a mulleres a partes iguais, a persoas de varias xeracións, a pais, a rapaces que queren asentar a súa familia no concello e a outros que tiveron que buscar vivenda ou traballo fora de Alfoz, moito ó seu pesar”.

Durante a súa intervención Xabier Pardiñas indicou que “o noso concello necesita ideas non ideoloxías, o importante é a xestión e non tanto os dogmas ideolóxicos preestabelecidos. As persoas que formamos VIA consideramos que nos debemos única e exclusivamente ó veciños e veciñas de Alfoz sen ordes de partido. Vós sodes os protagonistas do futuro de Alfoz”. Engadiu tamén que “É o momento de darse conta que estamos inmersos nun proceso de cambio que non ten marcha atrás. Debemos deixar de lamentarnos pola pasado e mirar cara o futuro. Sexamos partícipes deste cambio. Debemos subir a nosa autoestima e deixar de dicir “isto non ten solución”, “isto acábase”, “aquí non hai futuro”. Isto non é certo. Aquí si que hai futuro, Alfoz ten futuro, e ese futuro será o que vós queirades que sexa. Nós simplemente queremos ser a vosa ferramenta para ese cambio”.

Tras a intervención presentouse a candidatura que está formada por 6 homes e 6 mulleres. A candidatura é a seguinte:

1. Xabier Pardiñas Suárez
2. Carmen Dolores Geada Maseda
3. Efigenia Maseda Paz
4. Pablo José Maseda Rubal
5. Marcela Isabel Paz Díaz
6. José Luis Cascudo Cascudo
7. Paula García Álvarez
8. Francisco José Fernández Fraga
9. María Ángeles Ferreiro Manciñeiras

Como suplentes:
1. Blanca Pértega Maseda
2. Daniel Pérez Pardiñas
3. Jordi Melián Pagés

Os membros de Veciños Independentes de Alfoz queremos mostrar o noso agradecemento ós veciños e veciñas que asistiron a esta presentación por darnos o seu apoio.

Exit mobile version