O roteiro cultural e ambiental organizado pola Asociación cultural Irmandade de Augas Santas en colaboración con ADEGA desenvolverase o vindeiro sábado 9 de maio por Santo Estevo do Ermo (Barreiros) co gallo de reivindicar a súa protección e posta en valor. O xantar realizarase no mesón “O que che dixen” por un prezo de 15 euros. Despois do roteiro, ás 17.00 horas, terá lugar unha charla-coloquio on Gustavo Martínez, de Erebia, e Manuel Miranda, de Mariñapatrimonio, sobre a singularidade deste ben patrimonial. Os interesados en recibir máis información ou reservar praza poden contactar co número 679 45 51 09.