Ribadeo en Común mantivo un distendido encontro este domingo 26 de abril no que estiveron a ultimar traballos de cara á presentación da súa candidatura o vindeiro venres 1 de maio, Día do Traballo, nas inmediacións do parque San Francisco, en Ribadeo.
Mediante unha asemblea aberta, na que se pretende facer partícipes ós asistentes dun modelo de programa aberto a través de efectivos procesos de participación, ReC dará saída e contido ó seu lema de campaña: “Ribadeo en Común: a túa chave de goberno”.