Ourol, 11 de abril de 2015.- Logo de ser coñecedores das manifestacións por parte dos deputados socialistas Concepción Burgo e José Ramón Val en materia de sanidade, o candidato á alcaldía e actual rexedor de Ourol, Marcial Sanjurjo, acusa aos socialistas de descoñecer por completo o funcionamento do Centro de saúde da vila.
Lembra que dito Centro non xerou nin unha soa queixa en 25 años e recorda que sempre que un médico falta pola razón que sexa (vacacións, enfermidade…) é o outro médico o que asume a consulta dos dous.
Asemade, sorpréndelle ao rexedor que o Partido socialista de Ourol solicitase a convocatoria dun pleno extraordinario o día, que curiosamente, foi cesado o primeiro tenente de alcalde José Ramón Vázquez Bouza de tódalas súas funcións. Isto produciuse porque este confirmoulle ao alcalde que creou unha lista independente, coa que vai concorrer as vindeiras eleccións municipais en Ourol.
O rexedor criticou que os socialistas solicitasen un pleno extraordinario, para esixir á Xunta de Galicia que a vila teña dous médicos, cando a realidade é que a día de hoxe, ningunha das dúas prazas de médico de Ourol están amortizadas.