Site icon Crónica3.com A Mariña

Os comercios de ACISA convérsense en galerías de arte co I Concurso de Debuxo convocado para celebrar o Día da Nai en Ribadeo

Ribadeo, 28 de abril de 2015. Os comercios asociados a Acisa convértense en galería de arte para os nenos e pícaras grazas ao I Concurso de Debuxo do Día da Nai. Está dirixido a nen@s con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Os gañadores levaranse como premio bonos de beleza valorados en 100 e en 50 euros para obsequiar ás súas mamás, ademais dun diploma de recoñecemento. Elas, as mamás, poderán gozar os seus agasallos en IMAGN 365 e en barbaría Carmen.

Acisa recorda que no I Concurso de Debuxo do Día da Nai poden participar todos os alumnos de ensinos primaria e secundaria de Ribadeo e arredores. Cada neno deberá presentar como máximo un debuxo orixinal, realizado con calquera material ou técnica, relativo ao día da nai. Terá que entregalo nunha folla de papel de tamaño A4, máximo DinA3. Establécense dúas categorías, unha para nenos e nenas de 3 a 6 anos e outra para nen@s de 7 a 12 anos. Haberá 4 premios, dous por categoría, consistentes en bonos de beleza valorados en 100 e en 50 euros para as nais dos gañadores, que poderán gozalos en dous centros asociados a Acisa. Os debuxos premiados recibirán un diploma de recoñecemento.

Os traballos poderán entregarse nos comercios asociados a Acisa xunto co ticket dalgunha compra realizada estes días para agasallar ás nais. A data límite de entrega será o 3 de maio ás 18.00 horas.

Os debuxos deberán levar o nome do concurso, o título da obra, nome e apelidos do concursante, idade, teléfono de contacto e o nome da súa nai.

Un xurado, formado por persoal cunha dilatada experiencia no ámbito educativo e artístico, reunirase o 5 de maio ás 17 horas para decidir os traballos gañadores. Do xurado formará parte David Rivas Pena, deseñador e artista plástico.

Acisa tamén celebrará o día da nai repartindo flores. Os encargados de facelo serán os propios establecementos comerciais, eles entregarán flores aos seus clientes e ás nai o próximo 3 de maio.

Exit mobile version