“Cando chegamos, Lamela tíñao sen liquidez, con cartos que non chegaban para pagar as nóminas, nin a luz do mes de agosto de 2013; todo isto, a consecuencia dun Orzamento prorrogado dende 2009 e sen mencionar o calendario do despacho que era de 2006”, apunta o alcaldable.
“Este foi o gran reto meu e o do meu equipo”, afirma Maseda, ao tempo que anuncia que “nos vindeiros días comezaremos a repartir uns libros que recollen todos os datos da entidade local dende que os socialistas estamos á fronte da mesma. Neles, tamén figurará todo o traballo que fixemos. Pretendemos mostrarllo á xente de forma gráfica, porque non son promesas, son realidades e os veciños poderán ver e comparar”.
Debate público
Dada a xestión extraordinaria realizada polo actual equipo de goberno, “e posto que non temos nada que ocultar”, o alcaldable convida ao resto de forzas políticas a un debate público entre os candidatos, xa que “na nosa compaña non valen os insultos nin as ameazas. Somos xente normal e así o queremos facer ver”, insiste.
Unha candidatura que “representa ao pobo”
Deste xeito, Edmundo Maseda presenta unha candidatura “que representa ao pobo de O Valadouro”. Para elo, inclúe “persoas altamente involucradas nas asociacións, de diferentes sectores de traballo, e onde cada un deles aporta moito a ao grupo”. Neste senso, a lista completa é a seguinte:
1.- Edmundo Maseda.
2.- José Luis Fernández Maseda.
3.- María Mon Geada.
4.- María Pilar Váquez Hermida.
5.- Pedro Paz González.
6.- José Antonio Cuba Manase.
7.- Miguel Ángel Ares Coral.
8.- Esteban Arturo Prieto Ferreiro.
9.- María José Barreira Goás.
10.- Luis Pernas Balseiro.
11.- José Ramón Santiso.
Suplentes:
1.- Iago Fernández.
2.- Pablo Gómez Pardo.
3.- Alejandro Teijeiro.