O VALADOURO, 27 DE ABRIL DE 2015.- O Partido Socialista aposta por Edmundo Maseda para seguir gobernando en O Valadouro, pois, pola vía dos dos feitos, demostrou que se trata do “mellor alcalde” que tivo este municipio. Proba delo é que, logo de dous anos de Goberno do PSOE, o concello “goza de moi boa saúde”, xa que conta con 433.000 euros de remanentes de tesourería.
“Cando chegamos, Lamela tíñao sen liquidez, con cartos que non chegaban para pagar as nóminas, nin a luz do mes de agosto de 2013; todo isto, a consecuencia dun Orzamento prorrogado dende 2009 e sen mencionar o calendario do despacho que era de 2006”, apunta o alcaldable.
“Este foi o gran reto meu e o do meu equipo”, afirma Maseda, ao tempo que anuncia que “nos vindeiros días comezaremos a repartir uns libros que recollen todos os datos da entidade local dende que os socialistas estamos á fronte da mesma. Neles, tamén figurará todo o traballo que fixemos. Pretendemos mostrarllo á xente de forma gráfica, porque non son promesas, son realidades e os veciños poderán ver e comparar”.
Debate público
Dada a xestión extraordinaria realizada polo actual equipo de goberno, “e posto que non temos nada que ocultar”, o alcaldable convida ao resto de forzas políticas a un debate público entre os candidatos, xa que “na nosa compaña non valen os insultos nin as ameazas. Somos xente normal e así o queremos facer ver”, insiste.
Unha candidatura que “representa ao pobo”
Deste xeito, Edmundo Maseda presenta unha candidatura “que representa ao pobo de O Valadouro”. Para elo, inclúe “persoas altamente involucradas nas asociacións, de diferentes sectores de traballo, e onde cada un deles aporta moito a ao grupo”. Neste senso, a lista completa é a seguinte:
1.- Edmundo Maseda.
2.- José Luis Fernández Maseda.
3.- María Mon Geada.
4.- María Pilar Váquez Hermida.
5.- Pedro Paz González.
6.- José Antonio Cuba Manase.
7.- Miguel Ángel Ares Coral.
8.- Esteban Arturo Prieto Ferreiro.
9.- María José Barreira Goás.
10.- Luis Pernas Balseiro.
11.- José Ramón Santiso.
Suplentes:
1.- Iago Fernández.
2.- Pablo Gómez Pardo.
3.- Alejandro Teijeiro.