O pasado venres o PSdeG-PSOE de Foz cerrou o seu primeiro ciclo de contactos cos veciños de Foz ante as próximas eleccións municipais do 24 de Maio na Sala Bahía ante máis de 350 veciños que arrouparon coa súa presenza o acto de presentación da candidatura socialista pensada para Foz e encabezada por o candidato Jaime Cancio.
Na mencionada xuntanza estivemos acompañados por o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e actual Presidente da Deputación Provincial de Lugo quen sen ningún tipo de dubidas puxo de manifesto que estaba presentando o mellor equipo de traballo para gobernar Foz con xustiza social os próximos catro anos.
Os socialistas de Foz énchenos de orgullo ver os nosos compañeiros candidatos reafirmarse nos compromisos adquiridos cos veciños nas diferentes xuntanzas en parroquias e barrios e diferenciar claramente as políticas socialistas, pensadas por e para a cidadanía, fronte os que representan os recortes sociais, a subida de impostos e o empobrecemento da maioría da sociedade.
Así pois, os socialistas defendemos outra forma distinta de gobernar
totalmente allea as promesas incumpridas, o aforro enerxético eliminando puntos de luz, a austeridade no gasto privatizando e suprimindo servizos en favor de empresas afines, en definitiva minguando a calidade de vida dos veciños de Foz.
Todo isto e outras cousas mais que iremos comentando e consensuando cos nosos veciños lévanos a agradecerlles a súa colaboración participando tan activamente nas diferentes xuntanzas convocadas por o PSdeG-PSOE de Foz.