Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito de Rhodea Blasón na presentación lucense de “Pedazos de mi alma”

11139828_439667019522636_308558710_nLugo, 13 de abril de 2015.- Na libraría Trama de Lugo presentouse este pasado venres tarde, con grande afluencia de publico e vendas, a obra “Pedazos de mi alma” de Editorial Seleer, éxito editorial de vendas anteriormente en Hispanoamérica e no portal Literario de Amazon, onde se colocou durante catro semanas entre as obras de relatos máis vendidas en fala hispana. A autora, a xornalista e escritora asentada na Mariña Rhodea Blasón, estivo acompañada na súa presentación por ún dos grandes nomes do periodismo lucense, Francisco Rivera Cela, presidente da Asociación Provincial de Radio e Televisión de Lugo, dende onde instaurou hai 20 anos os premios Lucenses do Ano, así mesmo é responsable do Bimilenario de Lugo e do Padroado de Cultura lucense.

Na presentación os dous xornalistas, Mestre e autora desgranarón a obra diante do publico, que se integrou nun debate magnífico que derivou nun gran faladoiro de algo máis de dúas horas coa final firma de libros.

Rivera non dubidou en comentar que o sorprendera gratamente a lectura da obra formada por aproximadamente unha trintena de relatos cuxo xénero, explicou, é dificil de escribir, porque en pouco máis de trescentas palabras tes que establecer unha historia con argumento e solucionalo, comparando á súa pupila coas grandes escritores de literatura do xénero negro de Europa, durante o debate xurdiu tamén a comparación que algúns criticos fan da escritora lucense coa escritora de relatos e premio Nobel Alice Munro, a cal marcou como favoritos varios tweets da autora galega.

Exit mobile version