Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiro: “Besteiro contradise e avala que nas listas do PSOE figuren persoas que van ser procesadas”

Viveiro, 11 de abril de 2015.- Tras coñecer na mañá deste sábado que Audiencia Provincial de Lugo desestima o recurso presentado pola alcaldesa e candidata socialista, María Loureiro e outros edís, e que está ao borde do xuizo oral por presunta prevaricación, o voceiro do PP no Senado e presidente provincial, José Manuel Barreiro, acusou ao secretario xeral dos PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, de contradecirse e non cumprir co dito.

Na presentación da candidatura do PP de Viveiro, que lidera Antonio Bouza Rodil, o voceiro popular no Senado retou a Besteiro a explicar que vai a facer con este tema viveirense posto que no seu día dixo claramente que ningún socialista iría nunhas listas se fose sometido a xuízo oral.

O popular respecta a presunción de inocencia da rexedora María Loureiro, algo que dixo, “terá que verse no Xulgado” pero “o que está claro é que a alcaldesa e candidata socialista vai ser xulgada”- manifestou.

Barreiro lembra que o de Viveiro non é o único caso ao que Besteiro ten que facer fronte na Comunidade Galega e proba diso están o de Vigo ou Caldas de Rei.

O líder do PP lucense insiste en que aos socialistas ninguén o escoita porque o único que fan é contradecirse. “Non podemos fiarnos deles porque non son de fiar”- manifestou o popular, quen reto a Besteiro a explicar que vai a facer co tema de Viveiro .

Exit mobile version