Durante a asamblea extraordinaria celebrada na mañá deste sábado ás 12.30 horas en segunda convocatoria, os militantes socialistas de Cervo aprobaron unha lista plural e renovada no 60% composta por oito homes e seis mulleres, que conxuga diferentes idades, sectores e representatividade territorial co único fin de traballar con ilusión e compromiso por e para todos os veciños de Cervo.
O cabeza visible deste novo proxecto socialista no concello, Francisco Mon, agradeceu públicamente o paso adiante dado por todos eles “asumimos todos unha nova responsabilidade, moi gratificante pero tamén moi complexa, un compromiso de servizo público, un compromiso de servir ós nosos veciños e mellorar o concello onde vivimos. Cremos que chegou o noso momento, que chegou a hora de cambiar o rumbo e darlle a Cervo o impulso que necesita para fomentar o gran potencial que non se está aproveitando dende hai anos”.
O candidato socialista á alcaldía de Cervo rematou subliñando a ilusión coa que afrontan todos esta nova etapa, “somos persoas comprometidas co proxecto, coñecedores todos das preocupacións dos veciños e das necesidades do noso concello, que lamentablemente son moitas porque nos últimos catro anos o avance foi cero”.
A lista completa aprobada polos afiliados socialistas de Cervo na mañá deste sábado é a seguinte:
1. Francisco Urbano Mon Fernández
2. Luján Ramos Ben
3. Benito Díaz Docando
4. Amado Ballesteros González
5. Lorena Pardo Quelle
6. Félix Carreiras Teijeiro
7. Marina Gómez Cobas
8. Manuel Rodríguez Rodríguez
9. Ramón García Díaz
10. Almudena Cayón Rivas
11. Concepción Sariego Villegas
Suplentes
12. José Luis Moñita Martín
13. Joaquina Baño Vázquez
14. Baldomero Iglesias Isla