A crise económico-financeira tróuxonos a outra, a que a todos aféctanos e atemoriza, a crise político-democrática-social transformada nun pozo sen fondo onde canto máis botas máis perdes sen obter nada a cambio.
Os recortes presupuestarios mermaron as prazas concertadas e as subvencións ás residencias de maiores privadas que substituían a escaseza de prazas nas públicas. E aí quédesche coa instalación e sen residentes. ¡Ollo! Que tamén se pechan plantas de habitacións nas públicas.
Os avós vanse ou lles levan a vivir cos fillos, porque o prezo da estancia na residencia sobe de prezo e porque coa súa pensión pode malcomer ou sobrevivir a duras penas toda a familia, talvez desafiuzada, talvez sen emprego, sen medios para comprar os libros a todos os seus netos. Apertarse o cinto para reducir o estómago e mitigar o fame, sufrindo un cilicio urdido por especuladores e financeiros avariciosos co mirar para outro lado da casta política, tamén enriquecida polos servizos prestados.
Nos últimos tempos as cifras dannos calafríos. Xa son 300.000 familias as que sobreviven só con ?a pensión do avó.
En paralelo os recursos de cohesión social merman, diminúen as axudas, as prestaciones por desemprego, as becas de estudo e investigación, a sanidade e a educación. A sociedade organízase como pode, volve a caridade, os bancos de alimentos, a solidariedade veciñal. Cáritas , Cruz Roxa (mantidas por donativos particulares e achegas das autonomías, Estado, concellos e Unión Europea) informa que xa atende a máis de oito millóns de españois estancados na necesidade mentres que no ano 2007, non chegaban a un millón.
E os augurios non son nada bos por desgraza, os estudiosos prevén peores cifras para os venideros anos a pesares do martilleo dialectico dos que gobernan e queren seguir no machiño, con todo a bóla máxica de Rajoy dille que no 2016 mellorará considerablemente a situación, pero quen ao día de hoxe cre algo do que diga ese señor, máis ben soa a que avisa que quere permanecer impasible e acomodado á fronte dun país en ruínas.
Otero Regal