Site icon Crónica3.com A Mariña

Xavier Vence encabeza unha delegación do BNG que se reúne co comité de empresa de Vestas

O portavoz nacional, Xavier Vence, encabeza a delegación do BNG que este luns 23 de marzo ás 17.30 horas se reúne co comité de empresa de Vestas Viveiro, presidido por Julio López Cribeiro, para analizar a situación pola que atravesa esta factoría que xa ten provocado un ERE que afecta a 54 das 150 persoas que integran o cadro de persoal.

Ademais de Vence, estarán no encontro Xoán Antón Estúa García, responsábel de organización comarcal, Ana Ermida Igrexas, responsábel comarcal, Antonio Veiga Outeiro, vicepresidente da deputación de Lugo, Bernardo Fraga, portavoz municipal e Cosme Pombo, deputado no Parlamento galego.

Exit mobile version