Site icon Crónica3.com A Mariña

Terras de Lourenzá viaxou a Castroverde

muiñoDous membros da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde acompañaron nun roteiro polos muíños do Poñente (Rodinso – Francelos) a membros da Asociación de Senderismo Terras de Lourenzá que remataron a ruta do domingo 22 de marzo en San Paio. Coñeceron a Escola – Fundación de D. Eduardo Lamela Pallín fundada en 1931 e coñeceron o muíño de nora de comezos do século XX situado ós pés da Serra do Pradairo ou Miradoiro, unha das fontes do río Chamoso. De Rodinso pasaron por San Fitoiro, baixaron a Bolaño – cova da Valiña, forno do cal, quiosco da música, lagas de enlagar o liño, etc- e por Barrio cgegarib a Fontao. De Fontao a Rebordaos tiñan a intención de achegarse a Castedo e Francelos, pero remataron saíndo ás Casas do Monte, na parroquia de Moreira, e dende alí a San Paio. Antes de xantar subiron ó miradoiro do Monte da Lomba e visitaron a Veiga do Olmo e souto onde se come o polbo. Xa pola tarde, visitaron os pendellos da feira e a igrexa de Vilabade, “a catedral de Castroverde”.

Exit mobile version