Site icon Crónica3.com A Mariña

Roberto Ramos pon en marcha a campaña “Queremos Escoitarte” para recoller as suxerencias dos veciños de Ribadeo

Ribadeo, 24 de marzo de 2015.- O candidato á alcaldía de Ribadeo –Roberto Ramos- pon en marcha a campaña denominada Queremos Escoitarte para recoller suxerencias dos veciños de cara á elaboración do programa de gobernabilidade para o concello ribadense.

Deste xeito, o alcaldable anunciou hoxe que “dentro do proxecto aberto e renovado que os socialistas de Ribadeo imos a presentar para as vindeiras eleccións municipais do 24 de maio queremos escoitar a todos os nosos veciños. E, para elo, todos os mércores de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas estaremos no local da Casa do Pobo, situada na rúa Viejo Pancho, número 16”. Alí, Roberto Ramos e o seu equipo recibirán aos cidadáns que queiran ofrecer as súas ideas e suxerencias para recabalas e así perfeccionar o programa que ofrecerán dentro do seu proxecto de gobernabilidade.

O alcaldable do PSdeG-PSOE en Ribadeo engadíu que “asimismo estamos preparando reunións con distintas asociación e entidades tando da vila como das parroquias co mesmo obxectivo. E estamos deseñando unha serie de actos paralelos para dar a coñecer o noso programa, dos que dararemos conta en poucos días”, conclúe.

Exit mobile version