Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo, escenario do campionato galego individual base de ximnasia rítmica

O Campionato Galego Individual Base de ximnasia rítmica terá como escenario Ribadeo este domingo 15 de marzo a partir das 16.00 horas no Pavillón Municipal. No Campionato, que é clasificatorio para o Campionato de España de Base que se celebrará en Guadalaxara do 23 ó 26 de abril, participarán 77 ximnastas de toda Galicia en busca da mellor clasificación de cara ó campionato nacional.

A Escola de Ximnasia Porta Norte, presentará a 6 ximnastas que loitarán por acadar unha praza para participar no Campionato de España. Estas ximnastas serán as únicas representantes lucenses, xa que non haberá representación de ningún outro club da provincia.

As ximnastas de Escola de Ximnasia Porta Norte son: Mara Pigueiras, de Viveiro, da categoría Benxamín, que competirá con pelota; Daniela Enríquez e María Lestao, ambas de Burela, que competirán na categoría Alevín con aro; Julia García, de Ribadeo, categoría Infantil que competirá con corda; Ana María Rico, tamén de Ribadeo, da categoría Cadete, que competirá con cinta; e Gabriela Bris, de Viveiro, que competirá na categoría Xuvenil con mazas.

Exit mobile version