Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentacións de Ribadeo en Común nas parroquias

Ribadeo, 23 de marzo de 2015.- Os vindeiros xoves e venres Ribadeo en Común realizará dúas presentacións máis do seu proxecto polas parroquias de Ribadeo. Nelas os membros de ReC fan unha exposición sobre a Agrupación de Electores e o proceso de recollida de avais. A maiores, se presentan as propostas programáticas máis salientables recompiladas até a data e se convida aos presentes a participar no proceso de eleccións primarias para a selección da candidatura veciñal.

O primeiro deles terá lugar na escola de Ove o xoves 26 de marzo ás 20h, e o segundo o venres 27 na de Santalla de Vilausende ás 21h.

Exit mobile version