Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación de ‘O tesouro do monte’ na Librería Bahía

Este xoves 26 de marzo ás 20.30 horas, preséntase na Librería Bahía o libro de Ramón Reimunde O TESOURO DO MONTE. No acto, xunto co autor, intervirá o profesor Bernardo Penabade. Dí Bernardo Penabade na contraportada do libro: “A un porto galego da costa cantábrica chegan a diario enormes trailers que depositan nas áreas de carga auténticas montañas de madeira procedente daquela mesma comarca. Son toneladas de troncos harmónicamente pelados e cortados a dous metros e medio. Todos estes toros das árbores foran fonte de vida para millares de familias silvicultoras, para empresas dedicadas á corta ou ao transporte, e serán materia prima para a industria ou para o comercio nacional e internacional da pasta de papel. Este é o camiño e o resultado das nosas plantas postas en valor”. Este é o tesouro do monte.

Exit mobile version