Site icon Crónica3.com A Mariña

Os concelleiros independentes de Foz solicitan á Xunta os recursos necesarios para cubrir as necesidades das praias este verán

Foz, 23 de marzo de 2015.- De todos é coñecido a situación de desconcerto que a Xunta de Galicia xera coa súa caótica xestión nos Concellos coa chegada da temporada estival, estámonos a referir á asignación do persoal necesario para cubrir servizos municipais, especialmente no que se refire o servizo de socorrismo e a limpeza dos areais entre outros.

Pois ben, de un tempo a esta parte a Xunta de Galicia ven escatimando de forma extrema a asignación de recursos humanos para o coidado dos nosos areais, acarreando con elo o lóxico malestar dos nosos veciños e visitantes que contemplan impotentes a falta de limpeza e coidado dunha contorna que ten no turismo unha importante fonte de ingresos, puidemos comprobar o pasado verán como moitas das nosas praias atopábanse nun estado totalmente lamentable, producido polo feito de que moitas delas non foron limpas nin un só día en todo o verán.

Solicitaremos o voto favorable no pleno deste xoves para solicitar á Xunta de Galicia que se decida en tempo, forma e cuantía o persoal que vai asignar a cada Concello para cubrir os servizos descritos anteriormente , que se teña en conta que ditos servizos deben de estar operativos a mais tardar o 15 de Xuño. Por outra parte que se dote o municipio de Foz da partida económica necesaria para que se cubran ditos servizos de acordo ó aumento da poboación en temporada estival.

Concelleiros Independentes de Foz.

Exit mobile version