O PP de Viveiro alegrase de que por fin a Sra. Alcaldesa recoñeza as importantes inversións e transferencias realizadas pola Xunta de Galicia en Viveiro dende o 2009 ata a actualidade por un importe de 97,2 millóns de euros. Isto supón unha media de inversións de 16 millóns de euros anuais, moi lonxe da media dos 12 millóns de euros anuais de orzamentos municipais neste período. Non imos a mencionar o esforzo inversor do Concello porque é ridículo, basta recordar que nos presupostos do 2014 foi do 0.05%, uns 175.000 euros.
Agardamos que a partir de agora abandone ese discurso victimista, que o único que esconde e a súa nula capacidade de xestión, porque si fora doutro xeito, seguro que se terían conseguido para Viveiro moitas outras inversións e para outros ámbitos. Por certo cando di que non lle compensa pedir axudas ó ter que poner diñeiro, motivo polo que non solicitan distintas subvencións, volta a mostrar unha vez máis a súa ineficacia na xestión, porque si por cada euro que ten que poñer o Concello de Viveiro, a Xunta lle da tres, pensamos dende o PP que non é mal negocio para as arcas municipais. Pero como a súa xestión económica é un desastre non hai diñeiro dispoñible para poder facer o que fan a inmensa maioría dos Concellos de Galicia que é solicitar ditas axudas.
Está claro que o PP de Viveiro lle preocupan as inversións que se poidan conseguir da Xunta de Galicia, así como do Goberno Central e neso estamos todos os días para mirar de conseguir o máximo para os nosos veciños, pero tamén nos importan e nos alegramos das inversións que veñen da Diputación Provincial porque en definitiva son para Viveiro. Nós somos capaces de recoñecelo e agradecelo, pero o mesmo tempo retamos a Sra. Alcadesa que presente, detalladamente, as inversións feitas polo organismo provincial durante o mesmo período e así poder comparar unhas e outras.
Cando a Sra. Alcadesa fala da reducción en servicios sociais, máis lle valdría dirixirse a esa mesma Diputación para que lle pagase as importantes cantidades que lle adebeda dende o ano 2010, por non cumplir coa propia lei que socialistas e nacionalistas aprobaron no 2009, e que establecía que as deputacións prestarían “asistencia económica, técnica e xurídica” aos concellos con menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos. Si a todo esto lle sumamos que hai unha sentencia do TSXG que obriga a Diputación o seu pago, ó mellor esta reducción en servicios sociais non sería tal.
En definitiva o PP de Viveiro recomendalle a Sra. Alcadesa que a partir de agora abandone o victimismo e recoñeza dunha vez por todas, que ese discurso de que a Xunta ten abandonado a Viveiro non casa coa realidade obxetiva e constatable das cifras.
En Viveiro, a 14 de marzo de 2015
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro