Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno municipal de Mondoñedo mantén pechadas a oficina de turismo e a Cova do Rei Cintolo durante a ponte festiva de San José

Mondoñedo, 21 de marzo de 2015.- O Partido Popular local critica que o Concello de Mondoñedo manteña pechadas tanto a oficina de turismo como a Cova do Rei Cintolo durante a ponte festiva de San José.

Os populares lamentan a “incomprensible” falta de planificación e de preocupación do equipo de goberno local, que nunha ponte festiva opta por manter pechadas tanto a oficina de turismo como un dos principais reclamos cos que conta Mondoñedo, a cova do Rei Cintolo.

Para o PP local está manifestamente claro que esta situación deriva do pouco interese que esperta Mondoñedo para socialistas e nacionalistas e cuxas decisións, “incomprensibles para o resto dos veciños”, repercuten, “lamentablemente”, de foi directa e moi negativa na economía local.

“Está decisión xera unha moi mala imaxe para o visitante, que nin ten onde informarse nin pode visitar a cova”, explican os populares. Con esta xestión, todo parece indicar que o bipartito local “no lugar de loitar por dinamizar turística e economicamente o municipio, o que pretende e máis ben o contrario, ou polo menos, o único que consegue é prexudicar á localidade”.

Por último, os populares consideran os recursos turismos como uns dos principais valores do municipio que “se deben apreciar e poñer en valor”, tal e como está a promover o Partido Popular a través de diferentes iniciativas (mesa de traballo sobre o turismo, vinculación coa Ribeira Sacra como referente turístico, colaboración na elaboración de paquetes turísticos…).

Exit mobile version